BIOGRAFÍA Obra Exposicións Crítica Contacto
Galego
Xóves, 7 de Novembro do 2024
BIOGRAFÍA páxina: 1/2
DATOS BIOGRÁFICOS

María del Carmen Vázquez Prats nace en Pontevedra o 5 de Novembro de 1934, na casa da súa avoa materna Ana, asistida por unha matrona, e no medio dunha época cargada de revolucións e cambios políticos. Á idade de 5 anos vaise vivir a Benavente (Zamora), onde o seu pai Alfonso era Xefe de Estación; a súa nai María del Carmen dedicábase ao coidado dos seus dous irmáns e dela. Xa dende moi cedo comeza os seus inicios no debuxo e coquetea xa coa pintura, ademais da súa grande afección pola música clásica e os instrumentos.

Co seu pai e irmáns tocaban o laúde e cantaban algunhas tardes de reunión, -ás veces con amigos-, alegrando aqueles días cheos de confusión e medos da guerra. Aquí residiu ata a idade de 13 anos, foi entón cando se afinca en Ourense, onde reside actualmente.
O seu rostro infantil deu paso a unha moza con profunda mirada que intuía perfís de artista, sempre fixándose na paisaxe que a rodeaba e nas cores tan belas que lle proporcionan os bosques galegos. De ollos verdes resgados e fráxiles contrastan coa firmeza do seu pulso no trazo das súas obras. Soubo canalizar as súas emocións a través desa extensa paleta de cores, e aínda o fai.

No ano 1956 convértese en discípula de Luciano Cárcamo, quen convertía nun estudo de pequenos pintores unha antiga tenda de arte. Alí aprendeu o difícil manexo da espátula, camiño que poucos se atreven a andar, a gran maioría escolle o pincel.

É nesta mesma época cando se converte en Profesora de Traballos Manuais, e un pouco máis adiante exerce de profesora adxunta de Debuxo na Escola Normal de Maxisterio, no Instituto Outeiro Pedraio, e no Instituto Branco Amor.


A PINTURA
Dende moi temperá idade, aproximadamente dende os 8 anos xa debuxaba bastante ben, na actualidade non tería paciencia para ser tan perfeccionista. Nesa época vivía en Benavente, onde ía ao colexio. Diariamente saía ao encerado a debuxar o tema sobre o que ía o ditado. Durante a nenez e xuventude o que máis lle facía feliz era debuxar e pintar.

A súa primeira exposición acontece no ano 1958, en gran parte supuxo unha grande ilusión, pero tamén deuse conta da gran responsibilidade que agora tiña nas súas mans, non podía defraudar ás persoas que nela depositara a súa confianza, pero como era de esperar foi todo un éxito. Imaxínense unha sala chea de obras belas, cuxa autora espera co seu brillante sorriso desbordando calidez e simpatía, desexando corresponder á curiosidade dos visitantes. Neses días rememoraba ao seu profesor Luciano Cárcamo a quen sempre recordará con especial cariño. A crítica e entrevista realizada por F. Alvarez Alonso fóronlle moi favorables.
En 1959, concedéronlle o primeiro premio de pintura na Exposición Provincial da Obra Sindical "Educación e Descanso". Con motivo deste premio, levaron a todos os primeiros premios de España, a unha viaxe cultural durante oito dias a Madrid. Desta forma coñeceu os pintores, visitando os estudos de Benjamín Palencia, Pancho Cossio, Elena Frances. Dos escultores: Plans e Juan de Avalos.

En 1962, fué a primeira exposición individual que realizou. A partir desta exposición empregou soamente a espátula. Realizouna na Sala de Arte Xuvenil en Ourense. Foi moi visitada por numeroso público, entre estas persoas D. Vicente Risco que a felicitou e animou a seguir adiante. Houbo moi boas críticas en "A Rexión" e "Faro de Vigo".

En Outubro de 1965, expuxo e Santiago de Compostela na Sala de Exposicións de "A Unión de Artesáns". Gran número de persoas visitárona. A crítica moi benevolente. O poeta Jacobo Rey Porto, fixo unha moi boa crítica e no libro "Zurrón do Camiñante" dedicoulle "Tres sonetos Pictóricos".
En Decembro de 1.965, expoño de novo de Ourense na "Sala Villar". A pesar das boas críticas segue pensando que ten que seguir aprendendo.

En Xuño de 1966, expuxo en Lugo no "Circulo das Artes". Tivo moito éxito e críticas moi boas en: "O Progreso", "o Ideal Galego", "a Voz de Galicia", "Faro de Vigo" e "Pobo Galego" dos críticos: J. Trapeiro Pardo, F. Rivera Cela, Zalo, R. Vilaseca e outras entrevistas sen firma.

En Novembro de 1966, expuxo en Bruxelas na Sala de Arte "Lambermont". Despois de bastantes dificultades burocráticas,para realizala legalmente como exportación temporal,creyó que non podería realizala, quería dar a coñecer a súa pintura fóra das nosas fronteiras; e para a época que lle tocou vivir chea de conflitos políticos supuxo unha decisión de gran valentía. O éxito foi moi grande artisticamente. Asistiron á inauguración como representantes da Embaixada Española, os condes de Montefuerte e o Sr. Draque como agregado de Cultura, así mesmo a visitaron das embaixadas Hispano Americanas. Dixeron que era a primeira pintora galega que expoñía en Bruxelas, comentario que alegrou a nosa bela pintora de ollos pardos.
 1   2 
© Vázquez Prats. Todos os dereitos reservados. Optimizado para Mozilla FireFox, Google Chrome ou Internet Explorer, cunha resolución mínima de 1024 pixels