|
|
|
CRÍTICAS E COMENTARIOS DA OBRA É AS EXPOSICIÓNS |
páxina: 1/4
|
|
|
|
Achamonos perante paisaxes inéditos dentro da actuación pictórica, que captan co seu impresionismo lugares de beleza torturada, dentro dunha
etapa creativa que lle sitúa nun primeiro plano do alto listón artístico, posto que loita intensamente, para conseguir as finalidades desexadas,
nos seus proxectos. Vázquez Prats, atacou diferentes traballos dentro de estudos de investigación, que deixaron de ser proxectos, para
converterse en realidades, que adapta sempre a unha técnica chea de coñecemento e de comunicación, que leva o selo do seu propio estilo. Ela,
dentro da súa capacidade científica, traballa en procesamentos innovadores de luz e cor, que absorben cromatismos sorprendentes, dentro de trazos
libres, que aparentan espontáneos, pero que en realidade, son minimizados polo esforzo da composición comparativa. Esa experiencia, lle ha
levado a plasmar, cun estilo, todos eses motivos inspiradores que desprende a súa pintura. É, a natureza da súa audacia que sabe conxugar con
a súa agudeza artística, que fai que, en cada lenzo, se realce a riqueza, a transparencia e, como non pode ser doutra maneira, a elegancia.
JOSEP LLUÍS PONCE Crítico de Arte |
|
|
|
|
Vázques Prats non é unha mera paisaxita, senón unha pintura que desenvolve moi persoalmente os temas que lle ofrece a natureza e que ela trata desde
a súa situación intrínsica de pintora o mesmo que as súas flores, os seus nenos e os seus tipos populares.
A.M. CAMPOY ABC - Madrid |
|
|
(...) Todos coñecémo-las súas pinturas e temos contemplado a súa mestría, emocionándonos ante a sensibilidade con que Carmucha plasma a súa debilidade
por Galicia. Ela é notoria da alma da terra, e xunto con ese testemuño, agora amosa tamén unha evolución extraordinaria cara ás nosas formas e
perspectivas da abstracción, que toman corpo sobre o lenzo da forma máis pura, e a estética máis depurada. Parabéns a esta artista que tan
esencialmente nos representa (...)
MARILUZ VILLAR Escritora |
|
|
|
|
Non sei se a destreza que ten Carmucha Vázquez Prats en descompoñer a realidade en enérxicos brochazos lle vén das dioptrías dos seus eternos lentes
que amplian e esfarangullan o que ve para amosarlle o esqueleto das cousas, en enormes pixeles ( “unidades de pintura” en linguaxe PHOTOSHOPIANA)
de maneira que non se precise expresar xa en unidades mais pequenas, nin profundizar mais, e dicir, que chega a ALMA DA PAISAXE e devólvenola en
pinceladas de grises ou marelos outonais, en brétemas da memoria, pintando antergas escenografías e vestimentas humanas que ela nin coñecéu xa, pero
que estan na sua memoria artística. Néboa, brétemas en todolos cadros, sempre no fondo a brétema, que tanto amaba Manuel María. El moíaa coa sua
palabra. Carmucha Vázquez Prats píntaa. Memoria e brétema, igual a melancolía.
XOSÉ LOIS Artista e Debuxante |
|
|
Carmucha Vázquez Prats é unha pintora de motivos galegos. (...) A súa tradicional pintura (na que afonda cun estilo propio o lirismo da súa morriña e
saudade en escenas que viu e contemplou nas súas múltiples viaxes e nas nosas festas e romarías), temas de bodegóns (nos que deixándose levar polo seu
entusiasmo e a súa suxestión, o espectador vive o que ve) e algún que outro tema abstracto.
É Carmucha unha grande observadora, e por iso, máis que ve-las súas obras, hai que recoñecelas nos seus detalles, xa que ela os interpreta e
así fai que a súa produción sexa máis querida polo seu público.
JOSÉ HERVELLA VÁZQUEZ Historiador de Arte |
|
|
|
|
Conta coa complicidade das tonalidades apagadas, pousadas como felpas con precisión da espátula, para transforma-lo mundo en interiores, lugar cotián
para vivir e amar, morrer cada dia, nun esforzo tránsito cara á beleza. Meta imposible. Luces e sombras, suspiros, liñas e perspectiva, figuras,
movemento a cachón, atrapadas nun instante. No medio do labirinto pictórico aparece Carmucha Vázquez Prats, pintada tamén a espátula, con normas, cores
e formas suaves, integrada na paisaxe dos seus propios temas.
Pintaba, pinta paisaxes da súa terra mariñeira de procedencia, e das vellas corgas da Galicia interior de adopción. Escintilan as árbores, as
flores, montes, grupos de nenos, esforzados traballos, devocións, nos camiños da vida. Firme como un cruceiro: Carmucha Vázquez Prats.
X.M. DEL CAÑO Escritor e xornalista |
| |
|
|
|