Biografía Obra Exposicións CRÍTICA Contacto
Galego
Venres, 29 de Marzo do 2024
CRÍTICAS E COMENTARIOS DA OBRA É AS EXPOSICIÓNS páxina: 3/4
A obra de Vázquez Prats invádenos cunha profunda sensación de benestar, unha sensación reconfortante e necesaria que rompa, á fin, a tribulación cotiá e a loita ou a tortura ambiente que nos atenaza ou destrúe. A pintora reconstrúe o mundo ó xeito feminino para darnos unha criatura acariñada en cada toque de espátula e alcanzar así a contorna que nos gustaría ter ante os nosos ollos. Un mundo optimista, sinxelo, grato, ennobrecido por esas cores que exercen a súa función enriquecedroa das paisaxes; (...) as casas rurais, as xentes campesiñas, que son o motivo inspirador.

Os ambientes rurais están captados cunha perspectiva cromática na que cada toque de cor, sempre limpo, produto dunha estimable técnica, harmoniza fielmente co conxunto. Trátase, en suma, da temática tradicional dunha pintora que sempre parece nova, inxenua, cun envesable afán de superación e unha fonda sensibilidade que fan de cada cadro seu un obxecto querido, estimado e altamente grato.

SEGUNDO ALVARADO
Crítico de Arte
 
María del Carmen procede a pinceladas curtas, case unánimes, que van compoñendo con pequenos fragmentos de cor a paisaxe estremecida da súa pintura. Son pinceladas moi sinxelas, moi sinceras e tan alleas ó efectismo fácil, que se espallan polo fondo do cadro coa mesma minuciosidade de procedemento que cando tocan a figura protagonista. E esa xenerosidade de valoralo todo co mesmo aprecio, sen establecer distancias de estimación, pode facer monótona a obra, pero fai moi suxestivo cada fragmento dela. Co silencio e a tenrura propios da mellor escola galega, a pintora María del Carmen condúcenos a unhas paisaxes emocionadas. Eu confeso que me deixei levar onde quixo e alégrame de ter entrado na súa pintura.

M.A. GARCIA-VINOLAS
Crítico de Arte do periódico "Pueblo de Madrid"
 
Arte (...) de Vázquez Prats, de definicións concretas, que nos quere levar moi lonxe, onde precisamente nada queda ó azar nin ás casualidades que se inventan outros. Porque, sinxelamente, non se fai arte por casualidade, senón emocionadamente, xa que por casualidade o trasno que vive en cada artista nunca chegaría a habitar no misterioso contorno e mundo das súas soidades e realidades.

Pinturas de realidades sentidas, de onde parten as súas transformacións á hora de crea-la súa obra; de aí as impresións do seu impresionismo á hora de modela-los seus temas compositivos; tanto de figura como do repertorio variado das súas paisaxes, impregnados de sobriedade colorista definida.

Pintura que realiza case sempre a espátula, ás veces axudada do pincel e das súas mañas; saturada de emocións intimistas e soltura, limpeza e movemento e rapidez, (...) por onde enche de pegada toda a súa obra.

JOSÉ CORRAL DÍAZ
Pintor
 1   2   3   4 
© Vázquez Prats. Todos os dereitos reservados. Optimizado para Mozilla FireFox, Google Chrome ou Internet Explorer, cunha resolución mínima de 1024 pixels