|
|
|
CRÍTICAS E COMENTARIOS DA OBRA É AS EXPOSICIÓNS |
páxina: 2/4
|
|
|
|
|
(...) Outro apartado importante para ter en conta da obra de Carmucha é a calidade e a frescura das súas paisaxes, pois é un dos xéneros a través do cal
a pintora leva a cabo unha hábil manipulación dos seus recursos pictóricos e a maior das súas posibilidades técnicas. Nas paisaxes de Carmucha flutúan
diversas tendencias que van desde os bucólicos, amables, que recrea nos cadros de xénero, fondo das súas escenas campesiñas, pasando por esas paisaxes
que por si soas constitúen a temática do cadro e nas que a pintora, cunha gran destreza na técnica, nos interna en conmovedoras atmosferas que zumegan
galeguidade e en ritmos visibles próximos que subxacen tamén noutras paisaxes alleas á temática galega. Por último, a artista chegará á
construción dunhas paisaxes nas que renuncia ó seu propio estilo por lograr unha visión máis abstracta, conseguindo innovacións que rechan co
tradicional e enfrotándose así ó desafío de buscar nestas ocasións unha nova identidade sen renunciar ó seu sentido de percibi-la abstracción. Pois é
xusto lembrar que nos últimos tempos a artista considerou que era o momento de abri-las portas da súa creación a novas iniciativas que le permitan
incorporar á súa obra o abstracto. A este chega de forma paulatina a través dun exercicio de depuración, en ocasións, das súas propias paisaxes e
utilizando para iso un enfoque moi personal que lle permite un uso libre das linguaxes da abstración, resultado dunha síntese entre o abstracto e a súa
propia linguaxe pictórica.
Toda a obra de Carmucha ofrece entre si un sutil equilibrio entre tradición e modernidade, pois contén importantes leccións de experiencia
froito dun diálogo entre o pasado, coa súa vontade de recupera-la tradición, e o presente, co seu modo de visualiza-la pintura, a iso engade
a gran calidade creativa da pintora que permitiu definir una linguaxe propia avalada por un logrado equilibrio entre a luz e a cor, por uns valores
poéticos e por unha fusión de xéneros sen estridencias. Por todo isto o impacto visual da súa obra é grande porque ten un gran poder de persuasión
narrativa, que facilita de maneria admirable, a capacidade de diálogo co espectador, debida en gran parte á nitidez e precisión que le confire ás súas
obras e tamén porque son teas impregnadas de referencias, de raizames autóctonos.
MERCEDES GALLEGO ESPERANZA Doutora en Historia da Arte |
|
|
Desde a súa primeira exposición, nun afastado mes de marzo fai (...), esta vigorosa e aínda nova pintora vénnos dando mostras dunha linguaxe artística
na que predomina, ante todo, a importancia da memoria, os recordos, os costumes: así no seu gran lenzo sobre a ponte medieval -símbolo da nosa cidade,
e presente no brasón provincial como tan ben coñece esta pintora de afeccións heráldicas-, (...) recréanos un espazo ben coñecido en varios tempos,
nunha época en que Vista Fermosa o era, sen ningunha dúbida. A vida interior, a fantasia, a imaxinación, o soño.
Ansia de vivir, si, pero sentimento de nostalxia do inalcanzable. Un tempo en que os nenos ían á escola rural e as nais os despedían baixo o
paraugas, nas inmediacións. E así como ese nenos van desde as súas nais ata a mestra, que os achegará a un mundo novo, a pintura de Carmucha vén desde
as súas finas espátulas, manexadas con mestría, ata nós (...) aproximándonos con fascinación ó pasado, que a través do seu poder de creación tomou
forma nesta exposición.
FRANCISCO XAVIER LIMIA GARDÓN Historiador e crítico de arte |
|
|
Non coa visión meticulosa e austera do crítico, senón coa da intuición do poeta, que sabe capta-la beleza alí onde se manifesta ós ollos contempladores,
visitamos a exposición que, (...) Vázquez Prats e as nosas pupilas deleitáronse cos delicados matices dos seus óleos, nas súas tonalidades suaves, que
van desde as gamas de grises (as súas preferidas), ós ouros melados do outono galaico, ós azuis tenues do río e do ceo, en cromática sucesión de
calidades exquisitas. A súa alma feminina, intuitiva, con fondo romántico, orquestrada nas harmonías do Chopín, admiradora do Greco e de Goya,
proxéctase nunha dirección clásica, pura e prístina, que alterna con ensaios de impresionismo francés.
JACOBO I. REY PORTO Poeta |
|
|
| |
|
|
|